3/3/09

OU O COMENTARIO DUNHA EXPOSICIÓN AMATORIA

A biblioteca montou unha exposición sobre poesía amorosa. Para reivindicar o feito de amar e o feito de dicir o noso amor con palabras.
Nestes tempos de internet haiche moito “tkm”, “qroxe”…, pero, curiosamente, son tempos de pouco amor. Porque querer e amar poden imitarse moito, pero pasar de querer a amar, vén sendo como pasar de río a mar: haiche que desembocar con xeito.
Para comentar a exposición, preguntámoslle a unhas rapazas de 2º nivel (xa mociñas?), que toman o fresco e algunha lambetada ocupando un banco do noso patio.

Sabedes algo da exposición? É o mesmo querer que amar? E sacamos algo como esto:

- Vimos a exposición, pero non collimos ningún libro para ler algún poema.
- Amar non é o mesmo que querer. Amar é enamorarse dunha persoa, amar é querela con paixón, non é o mesmo que querer a un amigo, ou querer a túa nai…


Pois si, parece que o teñen clariño. Seguriño que de cando en vez observan se hai paseando algún posible "apaixoante". Espero que teñan sorte!
Eu seguirei patrullando.

1 comentario:

Anónimo dijo...

dios elas!!!!!

todas guapas ehhh!!!

tedes razón ohh non é o mismo amar ca querer.

de parte dun rapaz de 2ºA que hai que comer menos e correr un pouquiño jaja eu non o dixen ehhh

e dixo tamén que hai más bancos!


veña que xa me cansei de tanto escribir

un saúdo da clase de 2ºA


***chao***