30/5/09

DE FARO A FARO
Logo dalgún problemilla cos 'motores virtuais' do 'catamarán' da biblio, xa podemos 'navegar virtualmente' de faro a faro, do Vilán ao das Cíes.
Hai que ver as caras que ten esta xente cando non está dentro dunha aula, que sorrisos!! E logo algún me pregunta que por que digo que quero ser alumno no insti, e non profe! E seguro que algún, que aquí xa había maiores, xa sabe agora o que outros saberán máis tarde: que se aprende tanto ou máis que nos libros, que todo vai xunto e todo se complementa.

6/5/09

A GOLPE DE REMO
Tal día coma hoxe, cun sol espléndido e sen vento, fomos río abaixo -e río arriba- a golpe de remo. Unha experiencia estupenda, un tanto 'pasada por auga', na que temos moito que agradecer aos monitores que nos guiaron e a Javier, encargado de actividades do insti, que foi o organizador.

Ademais da remada tivemos unha sesión de carreira de orientación que nos levou polos montes de Xaviña. Ao final todos nos 'orientamos' e non houbo que rescatar a ninguén.
Aquí tedes unha mostra do que pasou, e si non podedes descargar as fotos de abaixo, facédeo desde aquí<
Películas