11/3/11

UN PEQUENO RECORDATORIO
Xa temos o vídeo do Entroido, en versión reducida, que a longa é demasiado longa para colgar aquí.
Os interesados en velo completo (máis de 25 minutos) o teredes nos ordenatas da biblio, coma sempre.
Esperemos que a non moito tardar poidamos ter algunha outra mostra da arte do alumnado na biblio, nas sesións de Rock'n'Biblio dos venres.
Graciñas polos comentarios. Que cunda o exemplo!
Vémonos!

Celebración do Entroido 2011 no IES Pedra da Aguia.

4/3/11

Entroido 2011
Unha vez feita a dixestión da chocolatada e os postres, xa podemos poñernos a revisar o que foi a festa de Entroido do 2011 no noso centro. E atopámonos con moita xente participando nos concursos de disfraces, de comparsas e de coreografías, ademáis do de postres. Non estrivo mal, non!
De momento déixovos aquí unhas cantas 'afotos' do día. A colección completa (que hai máis) estará nos ordenatas da biblio, para quen as queira copiar.
Estade atentos, que en breve aparecerá o vídeo do día; un pouco de 'pasiensia'.