2/11/09

CABEZAS GAÑADORAS


Pasou o concurso das cabazas, con motivos pouco claros, se atendemos a algúns medios de información, e para festexar o día dos mortos (Samaín na terras de tradición celta e Halloween nas de “herencia xenética”) que di algunha xente x Galicia, sen darlle importancia a disputa de nomes. No Vilán podedes ver imaxes da exposición-concurso.

Imos falar coas 3 gañadoras no concurso de cabazas, empezando polo máis veterana (e, neste caso, a máis literaria): Sara Carballo con nós.


 
Esperabas ganar?
- A verdade é que non.
Que che serviu de idea para darlle ese aire de “alén de nós”?
- Encontrei a idea no libro que van ler os do club de lectura dos maiores, o de “Os vellos non deben namorarse”.
Entón, que representa a montaxe?
- A cabaza representa o vello e a caveira a morte que lle anda xa moi cerca.

E seguimos con unha veterana de 2º ano e segura de se mesma, Noelia Pose. Ela e o seu doble flamenco de ET:



Esperabas ganar?
- Sí.
Como apareceu a idea desa montaxe “por bulerías”?
- A partir do vestido dunha muñeca, pensei na idea da cabaza vestida…
Non se lle imita moito a alguén?
- Eu non me dera conta, pero polo que din ten pinta de ET.


E xa rematamos cunha novata de 1º, faladora imparable pero algo “jarabedepalo”, que está contenta neste “día de mortos” (pero lembremos que “os mortos celtas” non tiñan porque ser malos visitantes, era unha noite de festa!), fálanos Érica Santos:




Esperabas ganar?
-Depende.
E como xurdiu a idea da cabaza?
- No faiado atopei unha perruca e de aí veume a idea…
Segundo ti, que representa?
- Unha especie de vampira.
                                                     

E así rematamos un falar con estes (perdón, estas!!!!!) gañadoras. Seguiremos…