5/3/09

NO PATIO (DE BUTACAS) DO CINENSINO (1)

Unha actividade moi ligada á biblioteca ven sendo a do CINENSINO. Coa colaboración de Neria, que aporta persoal, material de proxección e os caderniños para traballar na aula, temos a posibilidade de ver tres pelis que nos falan sobre aspectos importantes na educación da mocidade.
Os caderniños, como o da imaxe, permiten traballar nas titorías os aspectos salientables para educar en valores democráticos.

Concretamente neste trimestre tivemos unha peli, El niño de Marte, que nos falou dun neno diferente. Un neno que non se adapta ás características que marcan as reglas sociais imperantes: ven sendo algo así “como un neno marciano”.
A pregunta, unha vez mirada e vista a peli, podía ser esta: que facemos con el? Seguro que moitos dirán: reenvialo ó seu planeta!
Deso vai esto do cinensino, non?

No hay comentarios: