Nestes tempos de internet haiche moito “tkm”, “qroxe”…, pero, curiosamente, son tempos de pouco amor. Porque querer e amar poden imitarse moito, pero pasar de querer a amar, vén sendo como pasar de río a mar: haiche que desembocar con xeito.
Para comentar a exposición, preguntámoslle a unhas rapazas de 2º nivel (xa mociñas?), que toman o fresco e algunha lambetada ocupando un banco do noso patio.
Sabedes algo da exposición? É o mesmo querer que amar? E sacamos algo como esto:
- Vimos a exposición, pero non collimos ningún libro para ler algún poema.
- Amar non é o mesmo que querer. Amar é enamorarse dunha persoa, amar é querela con paixón, non é o mesmo que querer a un amigo, ou querer a túa nai…
Pois si, parece que o teñen clariño. Seguriño que de cando en vez observan se hai paseando algún posible "apaixoante". Espero que teñan sorte!
Eu seguirei patrullando.
1 comentario:
dios elas!!!!!
todas guapas ehhh!!!
tedes razón ohh non é o mismo amar ca querer.
de parte dun rapaz de 2ºA que hai que comer menos e correr un pouquiño jaja eu non o dixen ehhh
e dixo tamén que hai más bancos!
veña que xa me cansei de tanto escribir
un saúdo da clase de 2ºA
***chao***
Publicar un comentario