Hoxe marchamos (case) todos do Instituto. Fómonos de 'marcha'. Xa sabedes, de Traba a Laxe. Outra vez temos que dicir que nos encantou o percorrido, a pesar de certas néboas ameazantes. Pero estamos máis contentos aínda do ben que foi a cousa. Temos que felicitarnos todos, pero eu penso que especialmente ao alumnado, que tendo un comportamento tan bo, permite que neste Insti se poidan facer cousas así. Ben por nós!!
Como premio tedes aquí unhas fotos. Se as queredes descargar, estas e algunha máis, pasade pola biblio.
2 comentarios:
q ben o pasamos teño ganas de repetilo
Tendes que facernos mais esxuerions desas!
pasamolo genial!
Publicar un comentario