3/10/09

PASABAN POR ALÍ…


Decidimos darlle voz a un equipo de veteráns, dous recéns subidos a 2º nivel e dous embarcados no PCPI.

Así que nos chantamos fronte ao banco (que non presta cartos) e lles tiramos as preguntas de rigor (estes días):


Tiñades ganas de volver?

- Algúns si, pero outros ningunha.

Que tal foi o verán?

- Ben, en xeral, pero algún a certas horas ía un pouco “cego”.

Algo que dicir destes primeiros días de curso?

- Empezamos algo mal. O peor foi o parte que xa levou un deles.


Pero están ledos coma poucos. Hai que lles agradecer o bo humor, xa que esa vén sendo unha das características básicas deste grupiño de rapaces: as ganas por vivir. Espero que nos meses vindeiros atopen máis momentos de ledicia e de traballo ben feito.


E como me caen un montón de ben, aí vai unha canción chea de color (xa se me van os pés…) :


http://www.youtube.com/watch?v=8IogAP0zmmc

No hay comentarios: