Rematamos o curso, un curso que foi bastante xeneroso coas actividades celebradas. Non todas están recollidas neste blog, pero temos que recordar que desde o primeiro trimestre véñense celebrando diferentes actividades para os diferentes grupos e niveis. Como non podía ser doutro xeito, fixemos a despedida, no último día de clase, tamén con algunhas actividades: xogos populares no patio e a visita dun cantautor na sala de usos múltiples.
Felices vacacións, que collades moitas forzas para o próximo.
E para os que se van... sempre un recordo cariñoso ¡e quedamos esperando a vosa visita! ¡Ata sempre!
2 comentarios:
¡Qué bo o video! Lástima os que non puidemos ver os xogos populares por estaren "disfrutando" do cantautor na sala de usos múltiples. ¡¡Non hai más que ver o entusiasmo do público coreando os temas!!
Por certo... ¿Quen é ese señor maior calviño e de barba que aparece saltando á comba? Eu facíao máis na petanca ou co dominó. Pero aínda se menea coma unha vara de ameneiro. Je, je.
Ohhh..... que maaaalos xDDDDDD....
Son SARA!!!! Os videos están moi ben jejeje.... bueno eu ton co traballo!!! Bikos!
Publicar un comentario