Xa se gravou a canción dos de 3º e 4º da "Operación Can". Un productor e dous técnicos de son achegáronse ata o Insti cun equipo móbil de gravación e os cantantes foron pasando en grupos de 8, a catro por micro, en plan moi profesional. Tamén houbo algúns que fixeron a filigrana de cantar en solitario. Non diremos nada da tromba inmensa de auga que caeu aquela tarde por se alguén o entende mal...
Agora os técnicos encargaranse de mesturar todas as voces, e algún dos anacos dos solistas, coa melodía que tiñan preparada, para sacar un tema que seguro que soará estupendamente e que arrasará nas emisoras de radio.
Podedes ver algo do que sucedeu premendo na foto ou vendo este pequeno vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario