10/12/08

UNHA ALUMNA DE VISITA POLA EXPOSICIÓN…

…que sobre a Violencia de Xénero montou a biblioteca, en colaboración co ENL do insti.
Catti achegouse para observar un dos libros e aproveitamos para facerlle dúas preguntas.
Por que che fixaches na exposición?
Non me gusta que se metan coas mulleres, que as violen…e quixen saber que decía esta exposición.
Algo que chamara en especial a túa atención?
O símbolo da exposición, ese laziño azul gustoume. Ademais estiven vendo un libro que fala de “emocións e sentimentos”.
Coidamos os dous que esto da violencia tenche moito que ver co mal desenvolvidos que teñen algúns humanos, precisamente, esto das emocións. Normalmente botamos fóra de nós as emocións dun xeito violento, pero si traballaramos mellor os sentimentos teriamos máis facilidade para nos emocionar pacíficamente.
E como tocaba a sirena, fixemos a foto e dun xeito pacífico disolvímonos.
Eu sigo de patrulla.

29/11/08

As carreiras en Cee
Este xoves, o día 27, andivemos ás carreiras por Cee(villa). Marcharon alá uns 45 alumnos e alumnas do centro para participar no campo a través nas categorías infantil e cadete. Case todos fixeron un bo papel, participando cun bo espíritu deportivo. Tanto é así que incluso Mauro Lista quedou de 1º e Joly fixo unha carreira grandiosa e case queda clasificada individual.
Lástima dos cadetes, que deben ir vellos e lle fallan as forzas. Terá algo que ver co feito de estar en 4º??

BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.

19/11/08

MOMENTOS DE LECTURA…

…que veñen sendo momentos de integración. E se non que llo pregunten a Camila e a Ouidane, unha veterana de 2º de ESO e unha novata de 1º.
Neste caso a novata colleu un libro que lle transporta ata o seu querido Marrocos, e quixo aproveitar para amosarlle á súa amiga como pode ser unha mesquita por dentro. E así, nun plis plas, estaban na Mesquita da Roca, lugar de peregrinación do Islam.
Os libros, e as súas palabras escritas sen odio, unen. Deixémonos unir!
Hai que ser un cacho de granito para non sentir que as palabras nos poden descubrir un mundo por onde viaxar . E que mellor guía nestas viaxes que unha man amiga?
Estou colléndolle gusto a esto de patrullar pola biblioteca.

18/11/08

VANIER
Para os despistados/as dicir que Vanier é un grupo camariñán de 'Gothic Metal' e que os seus compoñentes son ex-alumnos do noso centro.
Teñen unha páxina en MySpace na que podedes oír un tema seu (hai que dicir que melloraron bastante desde a última vez que lles escoitei algo). O temá é instrumental, e andan á caza e captura dun vocalista coa gorxa o bastante 'rota' para que encaixe co seu son. Alguén se anima??

17/11/08

XOGANDO CO MAR

Alumnado de secundaria, ondas do mar coruñés. Xusto na beira do Aquarium e da Domus.
Adolescentes con gañas de xogar e 2 lugares para aprenderlles cousas xogando. Esaxero?
Aulas moi abertas e seres na idade de recoller unha información que se lles oferta con medios diferentes ós da cotidiana clase.
Juanmanueles e Sheilas recibindo, peixes no Aquarium e mecanismos vitais na Domus emitindo. Vos soa a algo eso da comunicación?
“Vaia bogavante”, “ese tiburón que non para de dar voltas”, “que noxo cando nacemos”, “son capaz de estar máis relaxado ca ti”… Unha chea de momentos científicos case sen recoñecelos.
E, para rematar a clase, un paseo por Dolce Vita. Sí, así é, non lle botemos a culpa a eles, a culpa é desta sociedade consumista que os mete no botellón da publicidade : compra, compra, compra… Que mentira sería pasar como se non existira.
Eles só queren xogar, somos os adultos quen impoñemos as regras do xogo. Non nos enganemos!
Eu pensaba falar da excursión a Coruña do 11/11/08, pero…

8/11/08

UN VETERANO LECTOR

Veterano e completo, xa que practica esa lei da biblioteca, non escrita, que nos fala de como o cine e os documentais complementan o uso dos libros.
O amigo José Ignacio estaba a devolver o seu exemplar da serie Xeografía Galega e decidín asaltalo cunhas preguntiñas. E aquí temos a conversa:
"Por que decidiches coller este documental?
- Apetecíame ver cousas de sitios como Os Ancares, Muxía, Camariñas…
E que chamou a túa atención do que polo documental asoma?
- Gustoume ver os osos e os lobos que saían nos Ancares, ou as vistas desde o aire que hai de Camariñas…
Prefires ler ou ver imaxes?
- Aínda que me gusta moito ler, disfruto tamén moito vendo cousas con imaxes.”
Pois si, mentres teñamos alumnos así, a biblioteca está cumprindo unha boa función.
E vale a pena que siga de patrulla.

31/10/08

O Samaín
Para que os novos alumnos e alumnas vexan as preciosas cabazas que faciamos en cursos anteriores, aí van unhas fotos. Seguro que tamén aos autores lles vai gustar volver a velas.

Ah! E como o Samaín ten moito que ver coas historias de mortos aí vos vai unha sobre a Santa Compaña. Que vos parece? Se vos gusta ou se non vos gusta, podedes animarvos e escribir algún comentario terrorífico.
Aquí abaixo tedes unha pequena selección de'afotos' doutros cursos:

30/10/08

MEMENTOS DE BIBLIOTECA

Andaba estes días pola biblioteca e vin como unha alumna de 1º (Dr. Zhivago remember) devolvía o DVD que aparece na imaxe. Decidín ir de periodisto e preguntarlle se lle gustara. Ela dixo que si, polo que fun máis aló e quixen saber a razón.
Como boa alumna dubiduo e dixo, en principio, “por que si”.
Como bo periodisto decidín contraatacar pedindo algo con máis chicha. E saquei unha resposta coma esta:
“Gustoume sobre todo o final, no que a familia se muda para vivir na fábrica, xa que así consegue un lugar máis quente e o Charlie pode comer ese chocolate que tanto lle gusta”.
Para ser de primeiro, téñolle que recoñecer unha certa disposición.
Para seres curiosos, teño posto o ligue do Dr. Zhivago.
Seguiremos patrullando!

28/10/08

Tiles and teenagers

Non queda outra que rendirse ante a evidencia e felicitar aos artistas que o curso pasado realizaron o mural, dirixidos por Javier Brey, o profe de Plástica, para o concurso organizado por "Lar".
Resulta curioso que non levaron premio, pero foron escollidos pola revista "Azulejo Internacional" para aparecer nas súas páxinas, e ademais na edición internacional, nada menos!! Medio mundo (e parte do estranxeiro) verá aos nosos alumnos traballando no mural, nun artigo, en inglés, de varias páxinas, no que explica todo o proceso seguido ata rematar o mural, baseado no cadro "a árbore da vida" de Gustav Klimt.

Promoción internacional para o noso Insti!! Noraboa a todos/as!!

27/10/08

TEN UNHA MELENA LOIRA…

…e non sabe de Samaín, nin de poñer cabazas nos muros, pero que tan simpática é! Esta alumna, que atopei na biblioteca, tamén pensará, como moitos, que as cabazas galegas son unha cola do rato estadounidense e non unha cabeza do león celta.
Os rapaces do meu barrio aínda non tiñamos as febres halloweynas e sempre pensamos que na época dos defuntos faciamos un xogo infantil, eso si, máis ou menos tradicional.
Cando colgabamos do noso pescozo colares de castañas cocidas para logo tiralas en pequenas guerras. Ou cando, pola noite, colocabamos as cabazas nos portais das casas para asustar ás velliñas. Resulta que estabamos seguindo certos ritos antigos sen sabelo.
Na escola non se falaba deso, os tebeos (cómics, bandas deseñadas…) falaban de mouros e cristiáns ou de pequenos detectives (para os nenos), de rapazas e princesas (para as nenas), en fin, nos mantiñan no limbo da cultura.
Na biblioteca temos estes días unha amena información sobre esa actividade que abre todos os novembros do noso insti: o día de cabazas. Unha actividade que organiza o Departamento de Inglés, coa axuda da Biblioteca e doutros Departamentos, pero que anda algo pocha debido a certas friaxes do último ano.
A información da que falamos vén da man dunha tribo de celtas (ou castrexos) que viven aínda a nosa prehistoria con xeito de banda deseñada.