27/10/08

TEN UNHA MELENA LOIRA…

…e non sabe de Samaín, nin de poñer cabazas nos muros, pero que tan simpática é! Esta alumna, que atopei na biblioteca, tamén pensará, como moitos, que as cabazas galegas son unha cola do rato estadounidense e non unha cabeza do león celta.
Os rapaces do meu barrio aínda non tiñamos as febres halloweynas e sempre pensamos que na época dos defuntos faciamos un xogo infantil, eso si, máis ou menos tradicional.
Cando colgabamos do noso pescozo colares de castañas cocidas para logo tiralas en pequenas guerras. Ou cando, pola noite, colocabamos as cabazas nos portais das casas para asustar ás velliñas. Resulta que estabamos seguindo certos ritos antigos sen sabelo.
Na escola non se falaba deso, os tebeos (cómics, bandas deseñadas…) falaban de mouros e cristiáns ou de pequenos detectives (para os nenos), de rapazas e princesas (para as nenas), en fin, nos mantiñan no limbo da cultura.
Na biblioteca temos estes días unha amena información sobre esa actividade que abre todos os novembros do noso insti: o día de cabazas. Unha actividade que organiza o Departamento de Inglés, coa axuda da Biblioteca e doutros Departamentos, pero que anda algo pocha debido a certas friaxes do último ano.
A información da que falamos vén da man dunha tribo de celtas (ou castrexos) que viven aínda a nosa prehistoria con xeito de banda deseñada.

No hay comentarios: