Un brindis a Granada, a Lorca, ós galegos que andan polo mundo,e, como non, a todos os seres humanos que andan facendo camiños (como decía o Machado).
Un Arnosi (sabedes cal é?) ergue o vaso. Federico pon un poema (2 primeiras estrofas) falando dos galegos en Buenos Aires e a nosa lembranza polas mociñas marroquís (de verde luna que diría o outro) pon o sentimento de unión entre culturas e sensacións.
Bos Aires ten unha gaita
sobro do Río da Prata,
que a toca o vento do norde
coa súa gris boca mollada.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda,
basoira que te basoira
polvo d’estantes e caixas.
Ao longo das rúas infindas
os galegos paseiaban
soñando un val imposibel
na verde riba da pampa.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Non hai tristeza que valga, cada vez que Farah e Ouijdane viaxan ata nós (aínda que sexa virtualmente) sentimonos máis cerca delas, e de paso de Granada e do Lorca.
PD persoal para F e O : Como podedes ver nas fotos doutro lugar do blog, a imaxe corresponde ó Entroido 2010. O lugar ven sendo a entrada do insti, pero que agora está chea de taquillas. Seguide contactando con este blog que nos permite estar “codo con codo” con vós. Poñemos esta entrada máis recente, para non ter que andar buscando a entrada anterior que xa é moi antiga. E, por certo, se hai dificultades co galego, decilo e así facemos "as vosas entradas" en castelán.
http://pedrasdovilan.blogspot.com/2009/03/lembrando.html



