Xa sabemos que o amor é un ben caro que, curiosamente, debe repartirse o mellor posible. Así que sexa apasionado ou unha forte amizade, convén facerllo saber aos outros... O amor agochado é como ter un tesouro que non disfruta ninguén, non?
Así que nos chantamos na mesa da "palabra namorada" para apuntar que poemas-tarxeta son preferidos polo alumnado do noso insti.
Clara escolleu unha do Bécquer porque lle gustaba. Laura recibiu unha de Walt Withman e tamén lle gustou.
Desirée cóntanos que colleu a Cunqueiro, dado que era un poema máis adaptado para regalar a un amigo.
E Ana leva a Salinas, a cambio da que realmente quería (unha de Luz Pozo).
En fin, que os dez poetas e poetisas tiveron un público con ganas de amosar a súa vea amorosa e tenra. E tiveron ancho campo: desde Bécquer ata Amaral.
Resumindo cun dos moitos versos ciscados pola mesa: "¡Silencio! ¡es el amor que pasa!"
16/2/10
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Si a verdade é que a min gustoume o poema que di "¡Silencio! ¡Es el amor que pasa!" a min regalaronmo , erapa regalalo eu tamen , pero achegueime a mesa da palabra namoorada no recreo e xa non qedaba ningun!
Bueno eu estou contenta, a min regalaronme dous =)
bueno..
ChaO
P.D. Tendes que facer mais cousas destas, teñen exito ;)
Publicar un comentario