26/2/10

TODO GRAVADO
Estaban os de 3º e 4º con gañas de saída! Marcharon a Betanzos e foron visitar a parte monumental da cidade. Logo entraron no Museo da Estampa, onde deixaron gravado todo o seu saber facer, como podedes ver nas fotos. Cansos de tantos días de sol como levamos, decidiron darse unha volta pola pista de xeo, para cambiar de aires; eso si, collidiños da man dun oso polar que pasaba por alí.

21/2/10

MARROCOS, TAN PRETO E TAN LONXE…



Un brindis a Granada, a Lorca, ós galegos que andan polo mundo,e, como non, a todos os seres humanos que andan facendo camiños (como decía o Machado).

Un Arnosi (sabedes cal é?) ergue o vaso. Federico pon un poema (2 primeiras estrofas) falando dos galegos en Buenos Aires e a nosa lembranza polas mociñas marroquís (de verde luna que diría o outro) pon o sentimento de unión entre culturas e sensacións.

Cántiga do neno da tenda
Bos Aires ten unha gaita
sobro do Río da Prata,
que a toca o vento do norde
coa súa gris boca mollada.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda,
basoira que te basoira
polvo d’estantes e caixas.
Ao longo das rúas infindas
os galegos paseiaban
soñando un val imposibel
na verde riba da pampa.
¡Triste Ramón de Sismundi!



Non hai tristeza que valga, cada vez que Farah e Ouijdane viaxan ata nós (aínda que sexa virtualmente) sentimonos máis cerca delas, e de paso de Granada e do Lorca.

PD persoal para F e O : Como podedes ver nas fotos doutro lugar do blog, a imaxe corresponde ó Entroido 2010. O lugar ven sendo a entrada do insti, pero que agora está chea de taquillas. Seguide contactando con este blog que nos permite estar “codo con codo” con vós. Poñemos esta entrada máis recente, para non ter que andar buscando a entrada anterior que xa é moi antiga. E, por certo, se hai dificultades co galego, decilo e así facemos "as vosas entradas" en castelán.
Aquí vou poñer a entrada antiga para entrar nela sen ter que buscala de novo:

http://pedrasdovilan.blogspot.com/2009/03/lembrando.html

17/2/10

...E TAMÉN PAZ!

Porque paz é o que nos trasmite o amigo Juan. Paz para todos! Aproveitando que os colegas foron de paseo temos unha minicharla con esta excelente persoa que lle declarou  a guerra ós libros de texto. Pode ser un bo momento para facer tamén un minibalance...

Como te vai no insti?
- Ben.
Que cousas che gusta facer?
- Andar en moto, montar a cabalo...
Que lle aconsellas o alumnado do insti?
- Que se porten ben e que estuden.

Deixamos que neste recreo, previo a S. Valentín e o Entroido, Juan Pérez espere o toque para entrar nas aulas. E nós tentaremos seguir notando o latexar dos corredores...

16/2/10

AMOR PARA TODOS...

Xa sabemos que o amor é un ben caro que, curiosamente, debe repartirse o mellor posible. Así que sexa apasionado ou unha forte amizade, convén facerllo saber aos outros... O amor agochado é como ter un tesouro que non disfruta ninguén, non?

Así que nos chantamos na mesa da "palabra namorada" para apuntar que poemas-tarxeta son preferidos polo alumnado do noso insti.

Clara escolleu unha do Bécquer porque lle gustaba. Laura recibiu unha de Walt Withman e tamén lle gustou.
Desirée cóntanos que colleu a Cunqueiro, dado que era un poema máis adaptado para regalar a un amigo.
E Ana leva a Salinas, a cambio da que realmente quería (unha de Luz Pozo).

En fin, que os dez poetas e poetisas tiveron un público con ganas de amosar a súa vea amorosa e tenra. E tiveron ancho campo: desde Bécquer ata Amaral.

Resumindo cun dos moitos versos ciscados pola mesa: "¡Silencio! ¡es el amor que pasa!"

13/2/10

ENTROIDO 2010
Outro ano veunos visitar o Entroido, cunha estupenda participación de alumnado e profesorado, moita marcha e ganas de pasalo ben, que non todo é estudar nesta vida. Aquí tedes un vídeo cun resumo do que por aquí houbo. Mágoa que non esteamos todos e todo, pero é imposible, xa sabedes.

Entroido 2010 from Libraco on Vimeo.

11/2/10

MESSENGER FRIENDS
Aquí temos un bo lote de 'friends' que asistiron en Santiago á representación da obra de teatro en inglés "Messenger friends", na que se enteraron de todo, todo, todiño.
Visitamos, ademais, o MUPEGA, o Museo Pedagóxico de Galicia, no que puideron comprobar que as clases de hoxe en día son igualiñas igualiñas que as dos tempos pasados.