21/12/10

PLAY & WIN
Rematou hoxe o torneo de basket Play & Win. Non estivo mal a idea de Javier de celebralo, xa que poidemos comprobar que tivo moi boa acollida e foi moi competido. As tres clases de 2º puxeron ' a carne no asador', ata chegar á final de hoxe, na que, a dous minutos do final, había empate no marcador. Logo, cun par de xogadas moi acertadas, os de 2ºA acabaron por impoñerse fronte aos seus compañeiros/rivais. Noraboa para todos!
Por outra banda, a min dame a impresión de que, con estas competicións, a xente está 'quentando motores' para o torneo de Xadrez... Pero eso é outra historia e debe ser contada noutra ocasión.


1/12/10

Los campeones del I.E.S Pedra da Aguia

CAMPO A TRAVÉS CEE 2010

Alumnos/as de Cee, Muxía, Fisterra, Ponte do Porto, Vimianzo… reuníronse en Cee para participar na primeira convocatoria de Campo a través que tivo lugar o 30 de novembro.

A xornada comezou con bastante frío e chuvia que se mantivo durante toda a mañan. Nervios antes das carreiras, un circuito por… Cun pistoletazo do xuiz na saida comenzaba a proba que revelou que neste centro hai bo nivel deportivo. Entre tanto frío destacaron as corredoras Antía, Ana Belén e Yolanda, da Ponte do Porto, que quentaron o ambiente cos aplausos da grada.

Pedra da Aguia agradece e felicita a tod@s @s rapac@s que participaron na carreira. David e Michael

Puestos femeninos en las clasificaciones:

INFANTIL: 1ª Antia Baña Castro

CADETE: 1ª Ana Belén, 2ª Cristina Blanco, 3ªYolanda Martínez

Puestos secundarios masculinos :

2º Ariel Aquino, 3º Martín Arnosi, 4º Fernando Baldomar, 5º Mateo Pasantes, 6º Anás Saadi


7/4/10

Centro de Tecnificación
de Bádminton Pedra da Aguia

Durante a mañá do 7 de abril o presidente da Federación Galega de Bádminton Rodrigo Sanjurjo, acompañado por Bruno Moldes, alumno do CAR da Estrada, estiveron no IES Pedra da Aguia dándonos un exemplo da maxia e dos trucos deste deporte. O alumnado do Instituto tivo oportunidade de vivir o bádminton a un alto nivel técnico coa demostración de diversos golpeos (deixadas, remates, clear, lobos, etc.), rutinas e xogos utilizados no seu adestramento.
Rodrigo e Bruno, como profesionais, se acompañaron de Nerea, Alvaro, Fran, Karen, Estela, Sara, Yulia, David, Maikel, Ismael e Angel para xogar partidas individuais e dobles e así poñer en práctica as súas habilidades.

18/3/10

PROXECTO TERRA
Dentro do Proxecto Terra, os de 3º realizaron unha saída a Ferrol, percorrendo as rúas do Barrio da Magdalena, de arquitectura Modernista. Ademáis fixeron unha visita a Aula de Ecoloxía Urbana e ao Parque de Aquaciencia. Aproveitaron ben o día, cunha travesía en barco, desde Mugardos, para ver o castelo de San Felipe. Non sabemos se os profes aproveitaron para deixar a algún nas 'mazmorras' do castelo!

6/3/10

CELESTINAS/OS
Foron os de 1º e 2º a Santiago a ver unha obra de teatro, "La Celestina", coa excusa de que tocaba estudala na clase de Castelán. En realidade querían aprender as técnicas da Celestina para poñelas en práctica no insti, claro que con mellores resultados que na obra orixinal. Os C__ _ _ _ _ s e M__ _ _ _ _s do insti merecen un final máis feliz que o que pensou o autor da obra orixinal. Por certo: piruletas para os 5 primeiros que me poñan nos comentarios os nomes completos dos personaxes principais e o do autor da obra!

26/2/10

TODO GRAVADO
Estaban os de 3º e 4º con gañas de saída! Marcharon a Betanzos e foron visitar a parte monumental da cidade. Logo entraron no Museo da Estampa, onde deixaron gravado todo o seu saber facer, como podedes ver nas fotos. Cansos de tantos días de sol como levamos, decidiron darse unha volta pola pista de xeo, para cambiar de aires; eso si, collidiños da man dun oso polar que pasaba por alí.

21/2/10

MARROCOS, TAN PRETO E TAN LONXE…



Un brindis a Granada, a Lorca, ós galegos que andan polo mundo,e, como non, a todos os seres humanos que andan facendo camiños (como decía o Machado).

Un Arnosi (sabedes cal é?) ergue o vaso. Federico pon un poema (2 primeiras estrofas) falando dos galegos en Buenos Aires e a nosa lembranza polas mociñas marroquís (de verde luna que diría o outro) pon o sentimento de unión entre culturas e sensacións.

Cántiga do neno da tenda
Bos Aires ten unha gaita
sobro do Río da Prata,
que a toca o vento do norde
coa súa gris boca mollada.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda,
basoira que te basoira
polvo d’estantes e caixas.
Ao longo das rúas infindas
os galegos paseiaban
soñando un val imposibel
na verde riba da pampa.
¡Triste Ramón de Sismundi!



Non hai tristeza que valga, cada vez que Farah e Ouijdane viaxan ata nós (aínda que sexa virtualmente) sentimonos máis cerca delas, e de paso de Granada e do Lorca.

PD persoal para F e O : Como podedes ver nas fotos doutro lugar do blog, a imaxe corresponde ó Entroido 2010. O lugar ven sendo a entrada do insti, pero que agora está chea de taquillas. Seguide contactando con este blog que nos permite estar “codo con codo” con vós. Poñemos esta entrada máis recente, para non ter que andar buscando a entrada anterior que xa é moi antiga. E, por certo, se hai dificultades co galego, decilo e así facemos "as vosas entradas" en castelán.
Aquí vou poñer a entrada antiga para entrar nela sen ter que buscala de novo:

http://pedrasdovilan.blogspot.com/2009/03/lembrando.html

17/2/10

...E TAMÉN PAZ!

Porque paz é o que nos trasmite o amigo Juan. Paz para todos! Aproveitando que os colegas foron de paseo temos unha minicharla con esta excelente persoa que lle declarou  a guerra ós libros de texto. Pode ser un bo momento para facer tamén un minibalance...

Como te vai no insti?
- Ben.
Que cousas che gusta facer?
- Andar en moto, montar a cabalo...
Que lle aconsellas o alumnado do insti?
- Que se porten ben e que estuden.

Deixamos que neste recreo, previo a S. Valentín e o Entroido, Juan Pérez espere o toque para entrar nas aulas. E nós tentaremos seguir notando o latexar dos corredores...

16/2/10

AMOR PARA TODOS...

Xa sabemos que o amor é un ben caro que, curiosamente, debe repartirse o mellor posible. Así que sexa apasionado ou unha forte amizade, convén facerllo saber aos outros... O amor agochado é como ter un tesouro que non disfruta ninguén, non?

Así que nos chantamos na mesa da "palabra namorada" para apuntar que poemas-tarxeta son preferidos polo alumnado do noso insti.

Clara escolleu unha do Bécquer porque lle gustaba. Laura recibiu unha de Walt Withman e tamén lle gustou.
Desirée cóntanos que colleu a Cunqueiro, dado que era un poema máis adaptado para regalar a un amigo.
E Ana leva a Salinas, a cambio da que realmente quería (unha de Luz Pozo).

En fin, que os dez poetas e poetisas tiveron un público con ganas de amosar a súa vea amorosa e tenra. E tiveron ancho campo: desde Bécquer ata Amaral.

Resumindo cun dos moitos versos ciscados pola mesa: "¡Silencio! ¡es el amor que pasa!"

13/2/10

ENTROIDO 2010
Outro ano veunos visitar o Entroido, cunha estupenda participación de alumnado e profesorado, moita marcha e ganas de pasalo ben, que non todo é estudar nesta vida. Aquí tedes un vídeo cun resumo do que por aquí houbo. Mágoa que non esteamos todos e todo, pero é imposible, xa sabedes.

Entroido 2010 from Libraco on Vimeo.

11/2/10

MESSENGER FRIENDS
Aquí temos un bo lote de 'friends' que asistiron en Santiago á representación da obra de teatro en inglés "Messenger friends", na que se enteraron de todo, todo, todiño.
Visitamos, ademais, o MUPEGA, o Museo Pedagóxico de Galicia, no que puideron comprobar que as clases de hoxe en día son igualiñas igualiñas que as dos tempos pasados.

25/1/10

SEN FRÍO NO CORPO
O día 18, os de 1º e 2º marcharon de excursión a Betanzos. Andiveron río arriba e río abaixo, visitando a aula da Natureza de Chelo, no río Mandeo. E ademais visitaron o FIEC (Museo da Estampa) e o Museo das Mariñas. Como andaban sobrados de forzas, logo de comer, marcharon en busca do xeo, pero non quedaron fríos. Máis ben entraron en calor facendo malabarismos sobre os patíns. Aquí tedes unha mostra de como foi o día.

Betanzos - Patinaxe Xeo on PhotoPeach