Tal día coma hoxe, cun sol espléndido e sen vento, fomos río abaixo -e río arriba- a golpe de remo. Unha experiencia estupenda, un tanto 'pasada por auga', na que temos moito que agradecer aos monitores que nos guiaron e a Javier, encargado de actividades do insti, que foi o organizador.
Ademais da remada tivemos unha sesión de carreira de orientación que nos levou polos montes de Xaviña. Ao final todos nos 'orientamos' e non houbo que rescatar a ninguén.
Aquí tedes unha mostra do que pasou, e si non podedes descargar as fotos de abaixo, facédeo desde aquí<
Películas |
2 comentarios:
De parte dos monitores desta actividade queremos felicitar a todos os participantes polo seu entusiasmoa e implicación en todas as actividades propostas niste día. Actitude ista que garantíu un exitoso desenvolvemento da xornada.
Agradecer igualmente a Javier coma precursor da idea desta actividade; a Fran Puga (Coordinador de deportes do Concello de Camariñas) por axilizar os trámites para a súa realización; e ó resto de mestres acompañantes, que "non se portaron de todo mal".
Un saúdo dende CUCANA
Grazas aos de Cucana, que "non se portaron de todo mal"
Un saúdo
Emilio
Publicar un comentario