8/11/08

UN VETERANO LECTOR

Veterano e completo, xa que practica esa lei da biblioteca, non escrita, que nos fala de como o cine e os documentais complementan o uso dos libros.
O amigo José Ignacio estaba a devolver o seu exemplar da serie Xeografía Galega e decidín asaltalo cunhas preguntiñas. E aquí temos a conversa:
"Por que decidiches coller este documental?
- Apetecíame ver cousas de sitios como Os Ancares, Muxía, Camariñas…
E que chamou a túa atención do que polo documental asoma?
- Gustoume ver os osos e os lobos que saían nos Ancares, ou as vistas desde o aire que hai de Camariñas…
Prefires ler ou ver imaxes?
- Aínda que me gusta moito ler, disfruto tamén moito vendo cousas con imaxes.”
Pois si, mentres teñamos alumnos así, a biblioteca está cumprindo unha boa función.
E vale a pena que siga de patrulla.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

e eso de muiño bello a que ben

Anónimo dijo...

esta ben feito o traballo

Anónimo dijo...

Eso de muiñovello ven ser o xeito de autochamarse quen escribiu a entrada. Ese nome está ligado a un periódico escolar de hai xa tempo.