31/10/08

O Samaín
Para que os novos alumnos e alumnas vexan as preciosas cabazas que faciamos en cursos anteriores, aí van unhas fotos. Seguro que tamén aos autores lles vai gustar volver a velas.

Ah! E como o Samaín ten moito que ver coas historias de mortos aí vos vai unha sobre a Santa Compaña. Que vos parece? Se vos gusta ou se non vos gusta, podedes animarvos e escribir algún comentario terrorífico.
Aquí abaixo tedes unha pequena selección de'afotos' doutros cursos:

30/10/08

MEMENTOS DE BIBLIOTECA

Andaba estes días pola biblioteca e vin como unha alumna de 1º (Dr. Zhivago remember) devolvía o DVD que aparece na imaxe. Decidín ir de periodisto e preguntarlle se lle gustara. Ela dixo que si, polo que fun máis aló e quixen saber a razón.
Como boa alumna dubiduo e dixo, en principio, “por que si”.
Como bo periodisto decidín contraatacar pedindo algo con máis chicha. E saquei unha resposta coma esta:
“Gustoume sobre todo o final, no que a familia se muda para vivir na fábrica, xa que así consegue un lugar máis quente e o Charlie pode comer ese chocolate que tanto lle gusta”.
Para ser de primeiro, téñolle que recoñecer unha certa disposición.
Para seres curiosos, teño posto o ligue do Dr. Zhivago.
Seguiremos patrullando!

28/10/08

Tiles and teenagers

Non queda outra que rendirse ante a evidencia e felicitar aos artistas que o curso pasado realizaron o mural, dirixidos por Javier Brey, o profe de Plástica, para o concurso organizado por "Lar".
Resulta curioso que non levaron premio, pero foron escollidos pola revista "Azulejo Internacional" para aparecer nas súas páxinas, e ademais na edición internacional, nada menos!! Medio mundo (e parte do estranxeiro) verá aos nosos alumnos traballando no mural, nun artigo, en inglés, de varias páxinas, no que explica todo o proceso seguido ata rematar o mural, baseado no cadro "a árbore da vida" de Gustav Klimt.

Promoción internacional para o noso Insti!! Noraboa a todos/as!!

27/10/08

TEN UNHA MELENA LOIRA…

…e non sabe de Samaín, nin de poñer cabazas nos muros, pero que tan simpática é! Esta alumna, que atopei na biblioteca, tamén pensará, como moitos, que as cabazas galegas son unha cola do rato estadounidense e non unha cabeza do león celta.
Os rapaces do meu barrio aínda non tiñamos as febres halloweynas e sempre pensamos que na época dos defuntos faciamos un xogo infantil, eso si, máis ou menos tradicional.
Cando colgabamos do noso pescozo colares de castañas cocidas para logo tiralas en pequenas guerras. Ou cando, pola noite, colocabamos as cabazas nos portais das casas para asustar ás velliñas. Resulta que estabamos seguindo certos ritos antigos sen sabelo.
Na escola non se falaba deso, os tebeos (cómics, bandas deseñadas…) falaban de mouros e cristiáns ou de pequenos detectives (para os nenos), de rapazas e princesas (para as nenas), en fin, nos mantiñan no limbo da cultura.
Na biblioteca temos estes días unha amena información sobre esa actividade que abre todos os novembros do noso insti: o día de cabazas. Unha actividade que organiza o Departamento de Inglés, coa axuda da Biblioteca e doutros Departamentos, pero que anda algo pocha debido a certas friaxes do último ano.
A información da que falamos vén da man dunha tribo de celtas (ou castrexos) que viven aínda a nosa prehistoria con xeito de banda deseñada.

21/10/08

ARRISCARSE A LER…


…pode ser entretido. Un xogo que non fai perder máis que uns minutos probando “haber si”.
Un tebeo ou cómic ten moitas imaxes e uns cachiños de texto. Aínda que os do Blueberry poden pedir un chisco de lectura textual. Pero nada que un mociño ou mociña do IES non poida sufrir con gusto.
A cousa vén ser que queiramos entrar no mundo do Oeste Norteamericano, ollando as aventuras dun oficial do exército USA un pelín especial. Alguén que perdeu unha guerra e non está moi a gusto cos seus superiores, pero a quen lle molestan máis os malfeitores (o que noutros tempos chamamos “mafiosos”).
Non che parece que vén sendo mellor e máis san fumar coa imaxinación que escarallar os teus pulmóns (e os do veciño!)? Xa coñezo a túa contestación á primeira parte da pregunta, pero sinto dicirche que estás moi, moi errado!
Na biblioteca está esperándoche unha especie de pitillo da marca BLUEBERRY, que pode crear adicción pero non mata.

1/10/08

UN CURSO "EN MARCHA"
Non é mala forma de comezar un curso, nin de estrear a nova denominación deste blog, que pasa a chamarse "Pedras do Vilán" e onde, pedriña a pedriña, iremos
creando unha montaña de noticias, comentarios, suxestións... e o que vós queirades.
A primeira saída do curso foi unha boa camiñata, da igrexa de Traba ata a praia de Laxe, onde houbo que "rescatar" a algún "bo peixe" que andaba perdido no mar.
Desde aquí queremos mandar unha felicitación a todo o alumnado participante, aos profes (pobres, tamén o merecen) e á organización. Todos contribuíron a que fose un día excelente, unha moi boa forma de poñer o curso en marcha.
¡E de premio o primeiro lote de fotos: mañá máis!!
Traba-Laxe 08/09 1
E como xa prometeramos... aquí vai outra tanda de fotos. Non vos queixedes!!
Traba - Laxe 2