24/6/07

Ata o próximo!

Rematamos o curso, un curso que foi bastante xeneroso coas actividades celebradas. Non todas están recollidas neste blog, pero temos que recordar que desde o primeiro trimestre véñense celebrando diferentes actividades para os diferentes grupos e niveis. Como non podía ser doutro xeito, fixemos a despedida, no último día de clase, tamén con algunhas actividades: xogos populares no patio e a visita dun cantautor na sala de usos múltiples.
Ademais das fotos, se picas aquí terás outra sorpresa!
Felices vacacións, que collades moitas forzas para o próximo.
E para os que se van... sempre un recordo cariñoso ¡e quedamos esperando a vosa visita! ¡Ata sempre!

20/6/07

Camiñata Traba-Laxe



Chega fin de curso e comenzan as actividades de 'despedida'. Un grupo de atrevidos e atrevidas de 2º, xunto con tres dos profes que os torturaron durante todo o curso, fixemos unha camiñata dende Traba ata Laxe, seguindo toda a costa. Unha camiñata preciosa que seguro que moitos apreciarán máis cando teñan uns poucos anos enriba... ou cando xa non permitan camiñar por onde o fixemos hoxe. Esperemos que o que teñen previsto para a lagoa deTraba quede ben!!
Para ser sinceros hai que decir que en canto chegamos a Laxe só quedamos dous cobardes sen probar a auga. Se non me cres mira as fotos!

16/6/07

Os ladridos do "can"

Xa se gravou a canción dos de 3º e 4º da "Operación Can". Un productor e dous técnicos de son achegáronse ata o Insti cun equipo móbil de gravación e os cantantes foron pasando en grupos de 8, a catro por micro, en plan moi profesional. Tamén houbo algúns que fixeron a filigrana de cantar en solitario. Non diremos nada da tromba inmensa de auga que caeu aquela tarde por se alguén o entende mal...
Agora os técnicos encargaranse de mesturar todas as voces, e algún dos anacos dos solistas, coa melodía que tiñan preparada, para sacar un tema que seguro que soará estupendamente e que arrasará nas emisoras de radio.
Podedes ver algo do que sucedeu premendo na foto ou vendo este pequeno vídeo.

Un mural en Cee

Xa rematou o concurso de mosaicos que celebraba a empresa Lar en Cee. Os nosos non obtiveron o primeiro premio, pero todos estaban de acordo en que foi un problema de falla de tempo. Sería máis fácil se non houbera que desplazarse ata alí cada vez.
Acabouse o tempo e non poideron rematar a obra por completo, co que os acabados non foron todo o brillantes que estaba previsto, pero eso sí, pasárono moi ben. Podedes comprobalo mirando as fotos do traballo e da entrega de premios.
Esperemos que haxa máis iniciativas de este tipo en próximos anos. Noraboa aos participantes e ao profe!

3/6/07

A Festa de Voz Natura

Este ano o Insti participou en Voz Natura cun proxecto que incluía a plantación de especies de árbores e o acondicionamento de parte do espazo verde do que dispomos. Se queredes recordar como era aquilo non tedes máis que visitar o apartado principal do blog (Vilán) na entrada de data 7/02/07. Pero aquí o que contamos é a festa que se organizou para a clausura do curso. Pasámolo ben, aínda que non tivemos ningún dos premios, certo que había traballos máis que estupendos: moi ben feitos e moi ben presentados; pero seguro que iremos collendo experiencia se participamos outros anos, e iremos mellorando. Mentres tanto aquí tedes unhas fotos para ver como foi a cousa. Dentro duns días tentaremos de ter tamén algo en vídeo.