2/12/07

Ser, ou non ser. That is the question

BubbleShare: Share photos - Safe Toys


O pasado xoves, día 29, un grupo de ¡70! alumn@s de 1º e 2º de ESO (e 4 intrépido@s prof@s) fomos disfrutar do teatro. Como en anos anteriores escollemos unha adaptación dun clásico universal. Neste curso tocoulle a William Shakespeare e a súa coñecida traxedia "Hamlet”.
Nela non faltou ningunha das grandes pasións: o amor, a avaricia, a vinganza, a ambición, a mentira, a loucura e a dúbida. ¿Era Hamlet incapaz de ser (actuar con conciencia e con convición a pesar das consecuencias), ou era esta incapacidade a súa verdadeira traxedia?

Cando rematou a obra fixemos algunhas preguntas aos actores: ¿Son as espadas de verdade? ¿Por que faltan partes da obra? ¿A caveira era a do actor do ano pasado? ¿O pai de Hamlet era un zombi? ¿Cal é o número do móbil deste Hamlet tan ghuapiño?....
Voltaremos o curso que vén. E no entretanto… teatro de altura no IES.
E se queres ver máis fotos preme aquí.
A través do campo
Andan os rapaces e as rapazas do instituto dicindo que no campo a través non teñen rivais, que a el@s o de campo quédaselles curto, que aínda que fora de 'monte' habían de arrasar igual.
E para demostralo din que non hai máis que ver as imaxes que tedes aquí.

14/11/07

A Santiago vou...
Os de 1º e 2º da andiveron de troula por Santiago este día. Logo de varios mareos no autobús de Suso acabaron de perderse nas rúas estreitas de Santiago onde, como dicían eles, "aquí todo é pedra", supoño que botando en falta o "cálido asfalto" e, sobre todo, o centro comercial.
Ao remate acabamos por atoparnos a nós mesmos diante dunha obra de teatro en inglés (ou case, e que os interesados/as poderán recordar co DVD de próxima aparición) e comprobamos que Galicia tamén é dixital: algún/ha houbo que lle quería lanzar a nasa a un lubrigante despistado que pasaba por alí. Podes comprobar que é certo o que digo picando na imaxe.

25/10/07


UK Culture

Hoxe Win fíxonos unha visita para contarnos algo sobre United Kingdom e de paso demostrarnos que entendemos máis do que dicimos entender, e que o English non é tan terrible!

A xente pasouno bastante ben e, polo que contestaba, parece que sabía o que dicía. Especial mención para Mr. Fran que case se fai millonario. Que non me cres? Pódelo comprobar pegándolle un vistazo a estas fotos.
Se ademais queres oír algo mira aquí debaixo:

16/10/07

MÚSICA, MAESTRO!!

Comezamos o curso dunha das mellores formas posibles, con música!! E non queremos dicir música "enlatada", non, con música en vivo e en directo. A banda de metais que nos visitou non insti mostrou algo de teoría musical, con exemplos prácticos e demostracións, e fixo un pequeno percorrido pola historia da música, chegando aos tempos actuais e pasando polas bandas sonoras do cine. Todo un luxo!
Chegaron incluso ao rock'n'roll e algún depistado houbo que andaba a buscar os cables da guitarra eléctrica.
Quen me saberá dicir o nome e o autor da banda sonora (dunha famosa peli e serie de debuxos) que interpretaron?? As respostas na biblio ou no correo electrónico.
Ah, se queredes ver máis picade aquí!

24/6/07

Ata o próximo!

Rematamos o curso, un curso que foi bastante xeneroso coas actividades celebradas. Non todas están recollidas neste blog, pero temos que recordar que desde o primeiro trimestre véñense celebrando diferentes actividades para os diferentes grupos e niveis. Como non podía ser doutro xeito, fixemos a despedida, no último día de clase, tamén con algunhas actividades: xogos populares no patio e a visita dun cantautor na sala de usos múltiples.
Ademais das fotos, se picas aquí terás outra sorpresa!
Felices vacacións, que collades moitas forzas para o próximo.
E para os que se van... sempre un recordo cariñoso ¡e quedamos esperando a vosa visita! ¡Ata sempre!

20/6/07

Camiñata Traba-Laxe



Chega fin de curso e comenzan as actividades de 'despedida'. Un grupo de atrevidos e atrevidas de 2º, xunto con tres dos profes que os torturaron durante todo o curso, fixemos unha camiñata dende Traba ata Laxe, seguindo toda a costa. Unha camiñata preciosa que seguro que moitos apreciarán máis cando teñan uns poucos anos enriba... ou cando xa non permitan camiñar por onde o fixemos hoxe. Esperemos que o que teñen previsto para a lagoa deTraba quede ben!!
Para ser sinceros hai que decir que en canto chegamos a Laxe só quedamos dous cobardes sen probar a auga. Se non me cres mira as fotos!

16/6/07

Os ladridos do "can"

Xa se gravou a canción dos de 3º e 4º da "Operación Can". Un productor e dous técnicos de son achegáronse ata o Insti cun equipo móbil de gravación e os cantantes foron pasando en grupos de 8, a catro por micro, en plan moi profesional. Tamén houbo algúns que fixeron a filigrana de cantar en solitario. Non diremos nada da tromba inmensa de auga que caeu aquela tarde por se alguén o entende mal...
Agora os técnicos encargaranse de mesturar todas as voces, e algún dos anacos dos solistas, coa melodía que tiñan preparada, para sacar un tema que seguro que soará estupendamente e que arrasará nas emisoras de radio.
Podedes ver algo do que sucedeu premendo na foto ou vendo este pequeno vídeo.

Un mural en Cee

Xa rematou o concurso de mosaicos que celebraba a empresa Lar en Cee. Os nosos non obtiveron o primeiro premio, pero todos estaban de acordo en que foi un problema de falla de tempo. Sería máis fácil se non houbera que desplazarse ata alí cada vez.
Acabouse o tempo e non poideron rematar a obra por completo, co que os acabados non foron todo o brillantes que estaba previsto, pero eso sí, pasárono moi ben. Podedes comprobalo mirando as fotos do traballo e da entrega de premios.
Esperemos que haxa máis iniciativas de este tipo en próximos anos. Noraboa aos participantes e ao profe!

3/6/07

A Festa de Voz Natura

Este ano o Insti participou en Voz Natura cun proxecto que incluía a plantación de especies de árbores e o acondicionamento de parte do espazo verde do que dispomos. Se queredes recordar como era aquilo non tedes máis que visitar o apartado principal do blog (Vilán) na entrada de data 7/02/07. Pero aquí o que contamos é a festa que se organizou para a clausura do curso. Pasámolo ben, aínda que non tivemos ningún dos premios, certo que había traballos máis que estupendos: moi ben feitos e moi ben presentados; pero seguro que iremos collendo experiencia se participamos outros anos, e iremos mellorando. Mentres tanto aquí tedes unhas fotos para ver como foi a cousa. Dentro duns días tentaremos de ter tamén algo en vídeo.

6/5/07

de DÚAS en DÚAS


Xa sabedes que neste insti somos moi xenerosos e temos as alumnas de dúas en dúas. Tanto é así que ata os da tele veñen comprobar como é iso e, de paso, danse unha voltiña por CamariñasCamariñas, que parece que hai moito "duplicado". Podedes ver a parte do vídeo feita no instituto premendo na foto. Se queredes ver a reportaxe enteira premede aquí.

As xemelgas quedan invitadas a publicar aquí algún comentario contándonos algunha das que teñan feito.

5/5/07

Azul e verde ennegrecidos

Debe ser que a paciencia de Almudena está gardada nun saco sen fondo porque... non se lle ocorre máis que xuntar a... 101!! para facer unha canción. Imaxino que é un record de participación.
A cousa é participar no concurso "Operación Can", e para que gañen, tedes que votar a partir do día 10. Na páxina do concurso podedes oír a canción, pero no noso blog, ademáis, podedes vela premendo na foto.
Non quero ser malo, pero aconséllovos que se premedes na foto teñades un paraugas a man!!

A raquetazo limpo

O 28 de abril celebrouse a fase provincial de badminton e parace que os nosos, e sobre todo as nosas, facendo equipo con outra xente da Costa, non o fixeron mal de todo: o equipo feminino infantil quedou campeón e o masculino subcampeón.
Na foto podes ver que nin elas podían crelo e por iso dálles a risa: Jenny dí "mi má, non o podo crer" e Nerea dille por debaixo do bigote "disimula, que se van dar conta e nos quitan a medalla".
En fin, se queredes ver algunha imaxe máis, picade na foto, e xa veremos que pasa na final.

2/5/07

Un mosaico en Cee

Os alumnos de 4º, con Javier, o profe de plástica, están a participar na confección dun mosaico nos muros da empresa "Lar" en Cee.
Parece que colleron o asunto con gañas (non hai máis que ver a cantidade de azulexo roto) e a cousa vai tirando, pero é un traballo de paciencia.
Iremos dando conta dos avances ata que o teñan rematado. Mentres tanto podedes ver aquí algunha das imaxes do que levan feito.