26/9/09

RECIBINDO O NOVO CURSO


Sabendo que o alumnado pasa o verán pensando na súa volta a este marabilloso insti, non queremos pasar sen darlles a benvida coa axuda do persoal.


Así que no corredor, este luns e primeiro día de clase, pillamos a un par de mociñas de 3º da ESO (recén embarcadas) e fixémoslle un trío de preguntas.


- Tiñades ganas de volver ó insti?

- Si, porque eso quere dicir que estaba chegando a Barca.

- Que tal foi o verán?

- Ben.

- Algo que dicir deste día?

- Non estivo mal, pero para ser o 1º día houbo moito traballo.


Nótase que Noemí e Jeni se levan moi ben, xa que contestan ao alimón. Esperemos que todo lles vaia ben neste curso (mesmo o traballo coa madeira), xa que o merecen! Seguiremos buscando “inicios de curso”.

Mentras vos deixo descansar cun “traballador nato”:

http://www.youtube.com/watch?v=73OUOH3gT9g

23/6/09

FIN DE CURSO PASADO POR AUGA
Tiñan o cerebro tan 'a lume' logo dos exames finais que tivemos que poñelos a remollo para rematar o curso.
Logo dunha camiñata desde o Insti ata a praia do Lago (de enfrente, que din os camariñáns) démonos un baño refrescante, xogamos na area e comemos xeados. Outros marcharon a surfear nas ondas de Malpica. Non está mal para remate de curso!


20/6/09

ENTREGANDO PREMIOS
Así de contentos se puxeron os alumnos e alumnas (ou pode que lle apeteza varrer o chan coas melenas, quen sabe!) á hora de recibir os premios de Deporte Interno e os dos poemas presentados ao Certame de Poesía do Concello.
Unha boa forma de ir rematando o curso, e as entradas a este blog, aínda que algunha actividade queda por aí que teremos que poñer aquí, non sí?

30/5/09

DE FARO A FARO
Logo dalgún problemilla cos 'motores virtuais' do 'catamarán' da biblio, xa podemos 'navegar virtualmente' de faro a faro, do Vilán ao das Cíes.
Hai que ver as caras que ten esta xente cando non está dentro dunha aula, que sorrisos!! E logo algún me pregunta que por que digo que quero ser alumno no insti, e non profe! E seguro que algún, que aquí xa había maiores, xa sabe agora o que outros saberán máis tarde: que se aprende tanto ou máis que nos libros, que todo vai xunto e todo se complementa.

6/5/09

A GOLPE DE REMO
Tal día coma hoxe, cun sol espléndido e sen vento, fomos río abaixo -e río arriba- a golpe de remo. Unha experiencia estupenda, un tanto 'pasada por auga', na que temos moito que agradecer aos monitores que nos guiaron e a Javier, encargado de actividades do insti, que foi o organizador.

Ademais da remada tivemos unha sesión de carreira de orientación que nos levou polos montes de Xaviña. Ao final todos nos 'orientamos' e non houbo que rescatar a ninguén.
Aquí tedes unha mostra do que pasou, e si non podedes descargar as fotos de abaixo, facédeo desde aquí<
Películas

25/4/09

Navegantes
O pasado martes, día 21, os de 3º, dentro do denominado Proxecto Terra, visitaron a cidade de Ferrol e navegaron pola súa rúa:
Primeiro percorreron o barrio da Magdalena, para ver as fachadas das numerosas casas modernistas.
No parque Raíña Sofía foron á aula de Ecoloxía Urbana, na que participaron nun xogo co fin de coñecer como se produce a contaminación dos ríos, para tomar conciencia de que a auga e un ben escaso e todos debemos, facer o posile para preservala.
O paseo en barco foi desde o Peirao da Curuxeira ata a ponte das Pías, con parada e "xelado" en Mugardos. E logo foron ata as proximidades do porto exterior. Atracaron no castelo de San Felipe, con visita guiada.
Total: un aburrimento terrible. E Marisa e Manolo decindo que que todo o día pelexando con eles, que non hai quen os ature, que que horror, que que... (jua,jua,jua...)

21/3/09

LEMBRANDO

Dúas alumnas deixaron o centro hai xa un tempo, pero tamén deixaron o seu selo polos lugares do IES por onde foron pasando. Un deles foi a biblioteca, xa que eran habituais visitantes nos recreos.
Usaban tanto o diccionario como algún libro que lles dera información sobre os lugares onde viviron : Granada, Camariñas… Iban defendéndose ben co castelán e non lle facían ascos ó galego (xa podían aprender delas algúns coruñeses…). Pola nosa parte gustamos naqueles días de escoitar o seu árabe.

Aproveitando unha carta que enviaron ó noso centro, queremos desde estas pedras mandar ata a cidade da Alhambra unha man que permita trasmitirlle a nosa calor (o noso clima non lles axudaba tanto) en forma de amizade.

Sempre que querades vir de visita (e lembrade as visitas virtuais), Farah e Oujdane, aquí estaremos!
Como lembranza dunha excursión feita no principio de curso aquí e aquí van dous ligues con imaxes daquela actividade.

E como non hai dous sen tres, imos poñer aquí outro ligue cunha canción árabe. No videoclip hai unha mestura de estéticas orientais e occidentais, o que pode facilitar ó noso alumnado unha comparación cos seus famosos “triunfiños”.

Situamos aquí o ligue coa nova entrada (21/02/10) para facilitar as cousas:

http://pedrasdovilan.blogspot.com/2010/02/marrocos-tan-preto-e-tan-lonxe_21.html
 

17/3/09

ESCAQUEANDO (SE)

Era o verbo máis practicado na antiga “mili”. Pero, no IES e nesta época do curso, corresponde ó deporte que practican na biblioteca unha parte do noso alumnado: xogando ó xadrez tamén van “escaqueando”.
E casi rematando o torneo , conversamos cun dos seus 21 participantes, para “meternos” un pouco en como o vai vivindo.

Por que participas?
- Para pasalo ben.
Esperas gañar (está neste momento ex-aqueo na primeira posición)?
- Non.
Como ves o nivel dos xogadores?
- O ano pasado era máis alto.
Queres animar a outros para que se pasen pola biblioteca nos recreos?
- Sí, considero que se pode pasar un tempo entretido.

Graciñas a Santiago Baña polas súas palabras. Como digo eu sempre, a mocidade ten xente de moita calidade.

E patrulla habemus.

9/3/09

NO PATIO (DE BUTACAS) DO CINENSINO (2)

E para nos axudar nun comentario anterior sobre CINENSINO, buscamos a un grupiño de 1º de ESO e falamos sobre esta actividade.

- Que vos pareceu a peli?
- Ben, interesante, rara… son algunhas das súas respostas.
- En que consiste o caderniño que traballades na titoría?
- En ir facendo comentarios sobre cousas que aparecen na peli.
- Algo vos quedou como máis marcado dese caderniño?
- Hai un test con preguntas sobre os pais. Unha vez feito nótase que non sempre coñecemos ós nosos pais tanto como pensamos.

Para rematar pregunteilles que lles parecía eso de “traballar no cine”, pero todos opinaban que non era cousa para eles.

En fin, dámoslle as gracias a María, Mónica, Nuria e Michael, por axudar a este patrulleiro perdido.
E, xa de paso, lles informei que no catálogo da nosa biblioteca hai pelis e libros deste tipo. Que axudan a comprender como a sociedade debe ser máis respectuosa coas persoas "diferentes".
Dalgún xeito todos somos diferentes!!!!!

6/3/09

NA MOCIDADE HAI DESAMOR?


O que si che hai son poetisas no IES. Unha delas decidiu cantar en francés ó desamor, facendo que lembremos (os vellos) aquel “Paris, c’est l’amour”.
Noelia Pose, de 1ºB e 1º premio en LF do certame de poesía amatoria 2009 , di nunha parte do seu poema:

Toi fou, fou de moi
mais moi peur, peur de toi.
Les jours passent.
(toi=ti, fou=tolo, moi=eu, peur=medo, jour=día)

E unha vez rematada a entrega dos premios falamos coa Noelia, mantendo o seguinte intercambio:

- Por que te presentaches ó certame poético?
- Interesábame o tema e pensei que tiña algunha oportunidade de gañalo en francés.
- Por que nesa lingua precisamente?
- Síntome moi segura en francés e eso animoume.
- E por que o enfocaches polo desamor?
- Sempre se fala de amor, amor…, coidei que podía facer algo diferente, que era mellor falar de dúas persoas que non coinciden, que se aman en momentos diferentes.

Pois sí, a Noelia soubo coller esa esencia do desencontro amoroso, que non é tan raro nas parellas humanas: hoxe ámote eu e ti pasas de min, mañá ó revés. C’est la vie!