20/12/09

Campo a través 09
Este xoves fumos correr a Area da Vila, á competición intercentros de campo a a través. Tivemos a sorte dos valentes e fixo un día estupendo, soleado e sen vento. Como a cousa era en casa, en terreo coñecido, os nosos/as sacaron peito e tivemos unha chea de medallas. Queda demostrado nas fotos que tedes aquí debaixo:

De Películas

10/12/09

MÁIS TAQUILLAS, QUE É A MODA!




Patrullando pola entrada-recibidor do iES, atopeime cunha rapaza abrindo a súa taquilla. E como ese elemento sempre foi moi ilustrativo nas series de TV con alumnado adolescente, sentín curiosidade por notar como respiraba esta alumna de 1º (novata, polo tanto!) acerca do asunto taquilleril.

Resultache útil a taquilla?
- Sí, xa que evita andar cargada de libros.
Tes adornada a taquilla con algunha foto?
- E para que, nin tempo de mirar para elas vou ter.

Seguiremos…
                                 

4/12/09

E TAMÉN ESTAMOS CONTRA A VIOLENCIA…



Como xa anunciou no seu día o Vilán irmán, celebrouse unha semaniña contra a violencia de xénero. Pillamos a 2 representantes do xénero femenino, observando a exposición montada con letras de cancións e textos informativos.

Sempre nos resulta extraordinario ver adolescentes lendo textos… E, como non, falamos con Natalia e Tamara…

Que canción vos gusta máis? E tanto Natalia como Tamara decántanse pola de Merche, Abre tu mente. Natalia di que tamén lle gusta moito a de Amaral.

E ante a pregunta de que tal lles parece a exposición, contestan a dúo “Está moi ben”.

Seguimos buscando…

1/12/09

BIBLIOARTE CALABACIL, BIBLIODEPORTE…ESTAMOS EN TODO!!



Pódese decir que a biblioteca do noso IES ven sendo un fervedoiro de mentes pensantes.

Entre a diversión (sí, diversión!) de ler, a de “tuentiar” ou os xogos de mesa, salta de cando en vez algunha competición “ deportiva de mesa”, como vai sendo estes días co torneo polideportivo que organiza o Departamento de Educación Físca, en colaboración con esta a nosa Biblioteca.

Tamén hai días que se “compite” na preparación das actividades de clase (sí, sí, hai xente que estuda!!), especialmente exames. Pero diso falamos outro día.
O día que reflicte a imaxe temos a un equipo de 1º competindo ó xogo das damas con outro de 2º (cinco contra cinco).

Seguiremos…