23/6/09

FIN DE CURSO PASADO POR AUGA
Tiñan o cerebro tan 'a lume' logo dos exames finais que tivemos que poñelos a remollo para rematar o curso.
Logo dunha camiñata desde o Insti ata a praia do Lago (de enfrente, que din os camariñáns) démonos un baño refrescante, xogamos na area e comemos xeados. Outros marcharon a surfear nas ondas de Malpica. Non está mal para remate de curso!


20/6/09

ENTREGANDO PREMIOS
Así de contentos se puxeron os alumnos e alumnas (ou pode que lle apeteza varrer o chan coas melenas, quen sabe!) á hora de recibir os premios de Deporte Interno e os dos poemas presentados ao Certame de Poesía do Concello.
Unha boa forma de ir rematando o curso, e as entradas a este blog, aínda que algunha actividade queda por aí que teremos que poñer aquí, non sí?