26/1/09

Os de 1º metidos en xeo

Marcharon pola mañanciña, con vento e friaxe, pero nada consegue deter a estes aventureiros amantes da natureza... e do xeo.

Primeiro visitaron o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia... toma xa!!), realizaron un roteiro por Oleiros, vendo a costa de Dexo: a marola (quen non pasou a marola non pasou a mar toda) na entrada da ría de Ares, o Seixo Branco e as antiguas baterias costeiras de defensa, entre outras cousas.

E para enfriar a ardor aventureira foron patinar no xeo, aínda que algunha meteu a pata, ou mellor dito a man, onde non debía... non si, Maeva?? Menos mal que é de boa caste e sanará pronto!
Podedes ver aquí abaixo as fotos e facer (se vos atrevedes!!), o cuestionario de embaixo.
Movies