6/2/08

Sube a MARea no Insti
Temos que andar con coidado estes días polos corredores do insti: subiu a marea e anda todo cheo de peixes, mariñeiros, piratas, estrelas de mar, tiburóns... que, por certo, teñen costumes moi curiosos, como o de tomar chocolate a media mañá acompañado de larpeiradas de antroido, e logo irse a bailar, para baixar as calorías, ao ritmo que marcan os DJs (ex)residentes.
Noraboa aos profes de plástica, especialmente a Laura, pola cantidade de ideas e de traballo, e a todas/os os que axudaron a poñelas en práctica e adornar deste xeito os corredores do IES.
Queremos animar dende aquí ao alumnado a disfrazarse e a anotarse para o concurso (había comparsas e disfraces que non estaban inscritos) que se pasa ben!, e se queredes unha proba do que digo picade na foto...