6/5/07

de DÚAS en DÚAS


Xa sabedes que neste insti somos moi xenerosos e temos as alumnas de dúas en dúas. Tanto é así que ata os da tele veñen comprobar como é iso e, de paso, danse unha voltiña por CamariñasCamariñas, que parece que hai moito "duplicado". Podedes ver a parte do vídeo feita no instituto premendo na foto. Se queredes ver a reportaxe enteira premede aquí.

As xemelgas quedan invitadas a publicar aquí algún comentario contándonos algunha das que teñan feito.

5/5/07

Azul e verde ennegrecidos

Debe ser que a paciencia de Almudena está gardada nun saco sen fondo porque... non se lle ocorre máis que xuntar a... 101!! para facer unha canción. Imaxino que é un record de participación.
A cousa é participar no concurso "Operación Can", e para que gañen, tedes que votar a partir do día 10. Na páxina do concurso podedes oír a canción, pero no noso blog, ademáis, podedes vela premendo na foto.
Non quero ser malo, pero aconséllovos que se premedes na foto teñades un paraugas a man!!

A raquetazo limpo

O 28 de abril celebrouse a fase provincial de badminton e parace que os nosos, e sobre todo as nosas, facendo equipo con outra xente da Costa, non o fixeron mal de todo: o equipo feminino infantil quedou campeón e o masculino subcampeón.
Na foto podes ver que nin elas podían crelo e por iso dálles a risa: Jenny dí "mi má, non o podo crer" e Nerea dille por debaixo do bigote "disimula, que se van dar conta e nos quitan a medalla".
En fin, se queredes ver algunha imaxe máis, picade na foto, e xa veremos que pasa na final.

2/5/07

Un mosaico en Cee

Os alumnos de 4º, con Javier, o profe de plástica, están a participar na confección dun mosaico nos muros da empresa "Lar" en Cee.
Parece que colleron o asunto con gañas (non hai máis que ver a cantidade de azulexo roto) e a cousa vai tirando, pero é un traballo de paciencia.
Iremos dando conta dos avances ata que o teñan rematado. Mentres tanto podedes ver aquí algunha das imaxes do que levan feito.